Your favorite left sidebar content goes here


Archive for the 'agrarismo' Category

Hai anos viaxei á Habana seguindo a pista do que fora o xornalista máis importante da nosa comarca, Xesús Iglesias Surribas. Sabía que logo da súa experiencia na época republicana como director do periódico Razón, marchara novamente a Cuba e alí, xunto co silledense Adolfo Víctor Calveiro, creara a revista Cultura Gallega. Pero aí perdíase […]

En 1876, o mesmo ano da promulgación da Constitución que vai regular a Restauración borbónica, veu ao mundo Cándido Soto Colmeiro no antigo concello de Lavadores (hoxe anexionado a Vigo). O seu pai, Gumersindo Soto Vázquez (1846-1916), orixinario da parroquia lalinense de Donramiro, casara en 1874 con María Colmeiro Louzao, de San Tomé de Insua […]

Na parroquia silledense de Cortegada, coñecida na altura pola concorrida feira de Camporrapado, naceu Jesús Filloy o 22 de marzo de 1874. Era fillo de Soledad Filloy. Trece anos despois viría ao mundo o seu paisano Antón Alonso Ríos, con quen Jesús estableceu unha fonda relación de amizade. Pouco sabemos dos seus primeiros anos, só […]

Participou na campaña anticaciquil de Silleda e foi o presidente da Irmandade Galeguista de Noia na República No desenvolvemento das loitas agrarias de principios dos anos vinte en Silleda, que constituíron un dos máis potentes fitos da mobilización social na Comarca do Deza, encontramos a algúns membros das elites dominantes que se puxeron do lado […]

Unha novela descoñecida do xornalista estradense José María Sánchez Brea. Cando hai uns anos pescudaba información sobre o xornalista e agrarista dezao Jesús Iglesias Surribas, dei co arquivo de Manuel Vigide Fondevila, quen fora dirixente da Sociedade Agraria de Gresande nos anos vinte. Entre as cartas, folletos e un curioso e extenso diario dos seus […]

José Manuel Puente Fernández naceu en Santiago de Compostela o 28 de setembro de 1869, fillo de Manuel Puente Fondevila e María Fernández Gómez, era neto de José Puente de Filgueira (Lalín). Emigrou a Arxentina onde aprendeu o oficio de carpinteiro e casou en Bos Aires o 16 de marzo de 1897 con Ramona Sánchez […]

A violencia é unha dimensión antropolóxica complexa e omnipresente como forma de relación social para a resolución non pautada de conflitos nas sociedades humanas. Esta violencia social é un desaxuste presente en calquera proceso de reprodución ou vertebración social, sobre todo no conflito entre gobernantes e gobernados, debéndose falar neste caso de violencia política. Maniféstase […]

Trala paréntese da guerra europea comeza o período de apoxeo organizativo do agrarismo en Galicia. Ás sociedades agrarias existentes na Comarca do Deza desde os anos dez: Lalín, Silleda, A Bandeira, Prado, Bendoiro, Pereiro-Laro, Vilanova-Doade, Botos, encabezadas pola máis potente de todas, a Sociedade de Gresande, únense agora novas agrupacións. En 1920 fúndase o Sindicato […]

O 27 de outubro de 1906 organizábase na parroquia de Gresande (Concello de Lalín) a que ía ser a máis importante Sociedade Agraria da Terra de Deza e a que estivo máis tempo en activo, xa que chegou aos últimos anos da República. Foi o seu promotor Ramón González Vigide, nacido en Quintá (parroquia de […]

O 11 de agosto de 1905 aparece o primeiro número do semanario La Defensa. Non foi este o primeiro xornal editado na Comarca do Deza, xa que existiu polo menos un precedente: El Deza que se publicou na vila de Lalín en 1883. La Defensa foi, con todo, o xornal que tivo maior duración, pois […]


Categorías

3K2 theme by Hakan Aydin