Your favorite left sidebar content goes here


Archive for the 'biografías' Category

A historia de Antón Alonso Ríos como derradeiro presidente do Consello de Galiza, aquela institución creada por Castelao que representaba nos anos 70 o goberno lexítimo do noso país no exilio, non é aínda hoxe moi coñecida. Cando se restaurou a democracia en España, logo da morte de Franco, desde Catalunya e Euskadi reclamouse o […]

Hai anos viaxei á Habana seguindo a pista do que fora o xornalista máis importante da nosa comarca, Xesús Iglesias Surribas. Sabía que logo da súa experiencia na época republicana como director do periódico Razón, marchara novamente a Cuba e alí, xunto co silledense Adolfo Víctor Calveiro, creara a revista Cultura Gallega. Pero aí perdíase […]

Con motivo dos cincuenta anos do seu pasamento, son varios os libros, artigos e recensións que nos últimos días se están publicando sobre a personalidade e a obra de Ramón María Aller, o astrónomo de fama internacional. Entre as homenaxes, produce especial ledicia ver por fin editado o seu libro A astronomía a ollo ceibe […]

O sabio lalinense Ramón Mª Aller, figura popular no mundo da astronomía e das matemáticas, ten tamén unha interesante faceta, quizais menos coñecida, a de promotor e impulsor dunha “escola de reloxería” en Lalín. Imos dar noticia dalgúns dos discípulos reloxeiros de Ramón María Aller, centrándonos especialmente en José Mª Vázquez Vázquez, o fundador da […]

Cando un dezao le xuntos os apelidos Vence e Calviño darase conta de inmediato de que está diante dun conterráneo. Isto aconteceu cando vimos unha referencia a un frade franciscano de nome “León Vence Calviño”. Figuraba como director da revista La Voz de San Antonio, unha publicación que se editaba en Sevilla a principios do […]

En 1876, o mesmo ano da promulgación da Constitución que vai regular a Restauración borbónica, veu ao mundo Cándido Soto Colmeiro no antigo concello de Lavadores (hoxe anexionado a Vigo). O seu pai, Gumersindo Soto Vázquez (1846-1916), orixinario da parroquia lalinense de Donramiro, casara en 1874 con María Colmeiro Louzao, de San Tomé de Insua […]

Na parroquia silledense de Cortegada, coñecida na altura pola concorrida feira de Camporrapado, naceu Jesús Filloy o 22 de marzo de 1874. Era fillo de Soledad Filloy. Trece anos despois viría ao mundo o seu paisano Antón Alonso Ríos, con quen Jesús estableceu unha fonda relación de amizade. Pouco sabemos dos seus primeiros anos, só […]

Marcelino García foi un dos líderes do republicanismo lalinense, estreito colaborador do alcalde Manuel Ferreiro e primeiro presidente da Casa da República de Lalín. Marcelino García Villar nace en Vilar, na parroquia lalinense de Soutolongo, o 28 de setembro de 1904, fillo de José García García e Josefa Villar González. Fai os primeiros estudos co […]

Correspondente de El Pueblo Gallego e El País durante a República, foi un dos promotores da homenaxe ás vítimas da represión no Deza. José Manuel Vázquez Castro naceu en Cuba en 1914. Alí estaban emigrados os seus pais José María Vázquez Belay (José do Roque) e Estrella Castro Fernández. José Manuel é xa dende moi […]

Participou na campaña anticaciquil de Silleda e foi o presidente da Irmandade Galeguista de Noia na República No desenvolvemento das loitas agrarias de principios dos anos vinte en Silleda, que constituíron un dos máis potentes fitos da mobilización social na Comarca do Deza, encontramos a algúns membros das elites dominantes que se puxeron do lado […]


Categorías

3K2 theme by Hakan Aydin