Your favorite left sidebar content goes here


Archive for the 'cultura' Category

40 anos da Asociación Cultural Deza

Este ano 2016 celébranse os 30 anos da fundación da Asociación Cultural O Naranxo, da que formo parte desde os seus inicios. Porén hai outro aniversario que pasou un pouco máis desapercibido: os 40 anos da Asociación Cultural Deza, a primeira asociación para a defensa e promoción da cultura galega da nosa comarca. No marco […]

O nome do pai

A denominación do colexio de Vilatuxe Cando preguntamos a calquera veciño ou veciña de Lalín polo nome do colexio de Vilatuxe, ou ben responden que se chama así, “colexio de Vilatuxe” ou ben dinnos que se chama “Barrié de la Maza”. Practicamente ninguén sabería dicirnos hoxe que a súa denominación é “Vicente Arias de la […]

Con motivo dos cincuenta anos do seu pasamento, son varios os libros, artigos e recensións que nos últimos días se están publicando sobre a personalidade e a obra de Ramón María Aller, o astrónomo de fama internacional. Entre as homenaxes, produce especial ledicia ver por fin editado o seu libro A astronomía a ollo ceibe […]

O sabio lalinense Ramón Mª Aller, figura popular no mundo da astronomía e das matemáticas, ten tamén unha interesante faceta, quizais menos coñecida, a de promotor e impulsor dunha “escola de reloxería” en Lalín. Imos dar noticia dalgúns dos discípulos reloxeiros de Ramón María Aller, centrándonos especialmente en José Mª Vázquez Vázquez, o fundador da […]

O Seminario de Estudios Galegos comezou o a súa investigación da Terra de Deza en 1928, continuando en sucesivas campañas en 1930, 1931, 1932 e 1934, rematando en 1935. O obxectivo era realizar un estudio integral da comarca; os membros do SEG recorreron o Deza visitando castros, igrexas, pazos, romarías, facendo análises xeolóxicas, etc. Todo […]

O cruceiro de Cadaval

O 30 de xuño de 1928 aparecía na primeira páxina do xornal El Pueblo Gallego, un artigo de Ramón Otero Pedrayo no que conta a historia do cruceiro da aldea de Cadaval, na parroquia do Castro de Dozón. No remate da I guerra carlista, segundo lembra a inscrición, unha columna carlista acabou coa vida de […]

Revisando a colección de recortes de prensa da época da República, sobre a que estamos realizando unha investigación, atopamos este escrito de Ramón María Aller Ulloa, o astrónomo de Lalín, do que mañá se conmemora o 125 aniversario do seu nacemento. Co título “Ramón M. Aller y la última lluvia de estrellas”, apareceu no FARO […]

Os mestres da República

Unha das preocupacións fundamentais do réxime republicano foi o ensino. Cando se proclama a República, o 14 de abril de 1931, existía un enorme déficit cultural no Estado Español. A prioridade do Ministro de Instrucción Pública, Marcelino Domingo, foi acabar co analfabetismo, aumentando o número de escolas e mestres, e estender a cultura democrática e […]

Os monos de Laxeiro

Hai uns meses, buscando datos para ampliar a investigación sobre a República no Deza, ao revisar os exemplares do xornal El Pueblo Gallego do ano 1929, topeime cun debuxo asinado por Laxeiro que ilustraba a primeira páxina do periódico do 3 de xullo. Estrañoume, xa que descoñecía que Laxeiro tivera colaborado na prensa nesa época. […]

75 anos con Loriga

Xa quedan poucos lalinenses que poidan gardar memoria desa data, o 27 de agosto de 1933, na que Lalín foi o verdadeiro centro de Galicia. Ese día inaugurábase o monumento que o escultor Asorey fixera ao aviador Joaquín Loriga. Unha estatua cuxa xestación, longa e laboriosa, comezara anos atrás. Despois do éxito do raid Madrid-Manila, […]


Categorías

3K2 theme by Hakan Aydin