Your favorite left sidebar content goes here


Archive for the 'Lalín' Category

Lalín, rincón gallego donde nací, villa de mis afectos y dolores, pequeña y alegre, de vastísimo horizonte dominador de encantador paisaje por la diversidad de matices que abarcan, por sus frondosas arboledas y exuberante vegetación, ¡cuántas prosperidades le deseé y cuán constante fue mi afán por su engrandecimiento, que no he visto cristalizar en realidad! […]

40 anos da Asociación Cultural Deza

Este ano 2016 celébranse os 30 anos da fundación da Asociación Cultural O Naranxo, da que formo parte desde os seus inicios. Porén hai outro aniversario que pasou un pouco máis desapercibido: os 40 anos da Asociación Cultural Deza, a primeira asociación para a defensa e promoción da cultura galega da nosa comarca. No marco […]

Este é o listado (seguramente incompleto) dos mortos pola represión franquista do concello de Lalín, ordenados pola data do seu falecemento: Manuel Ferreiro Panadeiro. Nado en Lodeiro en 1903. En 1930 funda o Centro Republicano de Lalín e dirixe o seu periódico Atrás. Foi elixido alcalde de Lalín como cabeza da candidatura republicana que gaña […]

En setembro de 2016 fixo cen anos da aparición dun dos periódicos lalinenses máis esquecidos: La Lucha. Apenas unha breve referencia nun artigo sobre o maurismo en Galicia dá conta da existencia deste órgano; tampouco existen exemplares en ningún arquivo. La Lucha definíase como “Órgano del Partido Maurista de Lalín”, estaba dirixido por Bernardo Madriñán, […]

Marcelino García foi un dos líderes do republicanismo lalinense, estreito colaborador do alcalde Manuel Ferreiro e primeiro presidente da Casa da República de Lalín. Marcelino García Villar nace en Vilar, na parroquia lalinense de Soutolongo, o 28 de setembro de 1904, fillo de José García García e Josefa Villar González. Fai os primeiros estudos co […]

Marcelino García foi un dos líderes do republicanismo lalinense, estreito colaborador do alcalde Manuel Ferreiro e primeiro presidente da Casa da República de Lalín. Marcelino García Villar nace en Soutolongo en 1904. Estuda no Seminario de Lugo e abandónao en 1925 para continuar os estudos de bacharelato examinándose por libre en Ourense e A Coruña. […]

Os nomes das rúas de Lalín

Rúa General Franco O seu nome establécese por un acordo do pleno do Concello de 20 de marzo de 1937, presidido polo Alcalde Bernardo Madriñán. Hai que sinalar que a primeira decisión que tomou a Corporación ao respecto de dedicarlle unha rúa a Franco é anterior, xa que o 9 de xaneiro, ao mesmo tempo […]

O edificio que nunca foi hospital

O 7 de agosto de 1909, un grupo de emigrados da comarca de Deza funda en Bos Aires a Sociedade Hijos del Partido de Lalín, “con el fin de allegar fondos para la construcción de un Hospital en la villa de Lalín”. O obxectivo inicial (a creación dun sanatorio rexido por relixiosas), irase matizando ao […]

O 11 de agosto de 1905 aparece o primeiro número do semanario La Defensa. Non foi este o primeiro xornal editado na Comarca do Deza, xa que existiu polo menos un precedente: El Deza que se publicou na vila de Lalín en 1883. La Defensa foi, con todo, o xornal que tivo maior duración, pois […]


Categorías

3K2 theme by Hakan Aydin