Your favorite left sidebar content goes here


Archive for the 'Manuel Ferreiro' Category

Este é o listado (seguramente incompleto) dos mortos pola represión franquista do concello de Lalín, ordenados pola data do seu falecemento: Manuel Ferreiro Panadeiro. Nado en Lodeiro en 1903. En 1930 funda o Centro Republicano de Lalín e dirixe o seu periódico Atrás. Foi elixido alcalde de Lalín como cabeza da candidatura republicana que gaña […]

En Buenos Aires, colgada nun dos locais da Federación de Sociedades Galegas, hai unha placa de bronce cunha alegoría da República que a Sociedade de emigrantes Unión del Partido de Lalín instalou en 1954 en homenaxe aos que caeron “en defensa de la libertad de la República española y los derechos humanos”. Figura nela un […]

O 27 de agosto de 1936, ás 5,30 da mañá, un pelotón de fusilamento acababa en Pontevedra coa vida de Manuel Ferreiro Panadeiro, o que fora alcalde de Lalín nos primeiros catro anos do réxime republicano. Foi o primeiro dezao procesado e sentenciado a morte polos militares que se rebelan contra a II República o […]

Manuel Ferreiro, republicano

A figura de Manuel Ferreiro representa a unha xeración de homes que traen a liberdade, a democracia e o progreso a un Concello e unha Comarca dominada polo clientelismo, cando na República se abre o primeiro período de luz e esperanza no século XX. Un 24 de xuño do ano 1903 nace en Lodeiro Manuel […]

Homenaxe ao Alcalde Ferreiro

Esta fotografía foi tomada por Gabriel Alonso (habitual colaborador de Razón e El Pueblo Gallego) o 11 de febreiro de 1934, no patio do “Hospitalillo” con motivo da Homenaxe Popular que se lle tributou ao Alcalde de Lalín, Manuel Ferreiro Panadeiro (que aparece no centro da fotografía). Os feitos foron estes: O 2 de febreiro, […]

Atrás

O republicanismo agroma en Lalín en 1930. Na primavera dese ano formase unha Comisión Xestora Republicana e o 8 de xuño celebrase a reunión constitutiva do Centro Republicano de Lalín. Nesta asemblea aprobase o Regulamento do Centro e nomease a Directiva que integran: Manuel Ferreiro, presidente; Leonardo García, vicepresidente; Marcelino García, secretario; Rogelio Rodríguez, tesoureiro […]


Categorías

3K2 theme by Hakan Aydin