Your favorite left sidebar content goes here


Archive for the 'prensa' Category

En setembro de 2016 fixo cen anos da aparición dun dos periódicos lalinenses máis esquecidos: La Lucha. Apenas unha breve referencia nun artigo sobre o maurismo en Galicia dá conta da existencia deste órgano; tampouco existen exemplares en ningún arquivo. La Lucha definíase como “Órgano del Partido Maurista de Lalín”, estaba dirixido por Bernardo Madriñán, […]

Hai anos viaxei á Habana seguindo a pista do que fora o xornalista máis importante da nosa comarca, Xesús Iglesias Surribas. Sabía que logo da súa experiencia na época republicana como director do periódico Razón, marchara novamente a Cuba e alí, xunto co silledense Adolfo Víctor Calveiro, creara a revista Cultura Gallega. Pero aí perdíase […]

“El Alcaide de Linlai que el pueblo mandó al carai” é o título dun apropósito (ou despropósito como o cualifica o seu autor), é dicir unha peza teatral breve e de circunstancias, que se publicou no periódico lalinense La Defensa o 8 de marzo de 1908. Naturalmente está asinado cun pseudónimo, Cu-cú, que seguramente corresponde […]

Correspondente de El Pueblo Gallego e El País durante a República, foi un dos promotores da homenaxe ás vítimas da represión no Deza. José Manuel Vázquez Castro naceu en Cuba en 1914. Alí estaban emigrados os seus pais José María Vázquez Belay (José do Roque) e Estrella Castro Fernández. José Manuel é xa dende moi […]

Cando Jesús Iglesias, o director de Razón, busca un nome para o xornal, repara na máxima que dende antigo identificaba aos lalinenses: ¡Viva Lalín! Con razón ou sen ela. Pero o refrán non é axeitado para un agrarista, demócrata e republicano: Elimina a segunda parte da disxunción e ao signo localista engádelle Galicia enteira. Nesta […]

O 11 de agosto de 1905 aparece o primeiro número do semanario La Defensa. Non foi este o primeiro xornal editado na Comarca do Deza, xa que existiu polo menos un precedente: El Deza que se publicou na vila de Lalín en 1883. La Defensa foi, con todo, o xornal que tivo maior duración, pois […]


Categorías

3K2 theme by Hakan Aydin