Your favorite left sidebar content goes here


Archive for the 'represión' Category

“Militante da UGT, zurdo, gran tirador e mecánico extraordinario; facía enxertos; leváballe flores aos enfermos; gran debuxante”. Así nos describiron por primeira vez ao comunista de Bermés. O periplo vital de José Fondevila iniciase o 22 de xuño de 1884, na parroquia de Bermés, no Concello de Lalín. Era fillo de Vicente Fondevila e Cesarina […]

O espírito combativo da Sociedade de Agricultores de Gresande esmoreceu coa ditatura de Primo de Rivera, pois a súa actividade, xa baixo o control de Cándido Soto e con Ramón Fernández Villar, Manuel Vigide e José Peña Surribas nos principais cargos directivos, limitábase a seguir as directrices da Federación de Sociedades Agrarias do Partido de […]

Vítimas da represión franquista en Rodeiro

Este é o listado (seguramente incompleto) dos mortos pola represión franquista do concello de Rodeiro, ordenados pola data do seu falecemento: José María Vales Failde (San Salvador de Camba, 1886), enxeñeiro agrícola. Destinado en Palencia, foi vicesecretario do Partido Republicano Radical Socialista de Palencia en 1930. A finais de 1935 foi nomeado enxeñeiro xefe do […]

Este é o listado (seguramente incompleto) dos mortos pola represión franquista do concello de Carbia (hoxe Vila de Cruces), ordenados pola data do seu falecemento: Manuel Villar Cimadevila (Vila de Cruces, 1896). Instalado en Vigo onde casou con Enriqueta Villar, foi candidato ás municipais de 1931 pola ORGA. Foi dirixente provincial do PRG e despois […]

Este é o listado (seguramente incompleto) dos mortos pola represión franquista do concello de Silleda, ordenados pola data do seu falecemento: José Rilo Buján (Ansemil, 1893), militante do PG, asasinado e mutilado no monte Candán o 16 de agosto de 1936. Luis Muiños Lorenzo (O Castro, 1898), capataz no ferrocarril, paseado en Casas do Monte […]

Este é o listado (seguramente incompleto) dos mortos pola represión franquista do concello de Lalín, ordenados pola data do seu falecemento: Manuel Ferreiro Panadeiro. Nado en Lodeiro en 1903. En 1930 funda o Centro Republicano de Lalín e dirixe o seu periódico Atrás. Foi elixido alcalde de Lalín como cabeza da candidatura republicana que gaña […]

A historia de Antón Alonso Ríos como derradeiro presidente do Consello de Galiza, aquela institución creada por Castelao que representaba nos anos 70 o goberno lexítimo do noso país no exilio, non é aínda hoxe moi coñecida. Cando se restaurou a democracia en España, logo da morte de Franco, desde Catalunya e Euskadi reclamouse o […]

Aquel 18 de xullo

Hai 80 anos producíase en Marrocos a sublevación militar que pretendía derrocar a II República, levantamento que fracasou, pero deu lugar á guerra civil ou guerra dos tres anos. En Deza non vivimos a sublevación, pero si as súas terribles consecuencias. Este é o relato do que aconteceu nesas xornadas cruciais. A partir de febreiro […]

Marcelino García foi un dos líderes do republicanismo lalinense, estreito colaborador do alcalde Manuel Ferreiro e primeiro presidente da Casa da República de Lalín. Marcelino García Villar nace en Vilar, na parroquia lalinense de Soutolongo, o 28 de setembro de 1904, fillo de José García García e Josefa Villar González. Fai os primeiros estudos co […]

Correspondente de El Pueblo Gallego e El País durante a República, foi un dos promotores da homenaxe ás vítimas da represión no Deza. José Manuel Vázquez Castro naceu en Cuba en 1914. Alí estaban emigrados os seus pais José María Vázquez Belay (José do Roque) e Estrella Castro Fernández. José Manuel é xa dende moi […]


Categorías

3K2 theme by Hakan Aydin