Your favorite left sidebar content goes here


Archive for the 'república' Category

O espírito combativo da Sociedade de Agricultores de Gresande esmoreceu coa ditatura de Primo de Rivera, pois a súa actividade, xa baixo o control de Cándido Soto e con Ramón Fernández Villar, Manuel Vigide e José Peña Surribas nos principais cargos directivos, limitábase a seguir as directrices da Federación de Sociedades Agrarias do Partido de […]

Este é o listado (seguramente incompleto) dos mortos pola represión franquista do concello de Lalín, ordenados pola data do seu falecemento: Manuel Ferreiro Panadeiro. Nado en Lodeiro en 1903. En 1930 funda o Centro Republicano de Lalín e dirixe o seu periódico Atrás. Foi elixido alcalde de Lalín como cabeza da candidatura republicana que gaña […]

Aquel 18 de xullo

Hai 80 anos producíase en Marrocos a sublevación militar que pretendía derrocar a II República, levantamento que fracasou, pero deu lugar á guerra civil ou guerra dos tres anos. En Deza non vivimos a sublevación, pero si as súas terribles consecuencias. Este é o relato do que aconteceu nesas xornadas cruciais. A partir de febreiro […]

Correspondente de El Pueblo Gallego e El País durante a República, foi un dos promotores da homenaxe ás vítimas da represión no Deza. José Manuel Vázquez Castro naceu en Cuba en 1914. Alí estaban emigrados os seus pais José María Vázquez Belay (José do Roque) e Estrella Castro Fernández. José Manuel é xa dende moi […]

En Buenos Aires, colgada nun dos locais da Federación de Sociedades Galegas, hai unha placa de bronce cunha alegoría da República que a Sociedade de emigrantes Unión del Partido de Lalín instalou en 1954 en homenaxe aos que caeron “en defensa de la libertad de la República española y los derechos humanos”. Figura nela un […]

Antonio Jar Dobarro, que foi coñecido como “Barbote”, naceu en Vilatuxe o 3 de abril de 1896. Era fillo de José Jar Cobas e María Josefa Dobarro Villaverde. Ao pouco de casar con Carmen Taboada, marchou a Cuba onde traballou na telefónica. Non logrou adaptarse ao clima da illa caribeña e enfermou, decidindo regresar a […]

Marcelino García foi un dos líderes do republicanismo lalinense, estreito colaborador do alcalde Manuel Ferreiro e primeiro presidente da Casa da República de Lalín. Marcelino García Villar nace en Soutolongo en 1904. Estuda no Seminario de Lugo e abandónao en 1925 para continuar os estudos de bacharelato examinándose por libre en Ourense e A Coruña. […]

O disputado voto de Carbia

Paz-Andrade no Deza Quizais non sexa moi coñecida a vinculación de Paz-Andrade coas terras do Deza, pero ademais dos lazos familiares, era un asiduo visitante nos anos vinte e trinta do pasado século e foi protagonista en actos políticos e nas eleccións do período republicano na nosa Comarca. Valentín Paz-Andrade ten raíces no Deza, concretamente […]

Os antecedentes Podemos situar os inicios do movemento obreiro na Comarca o 29 de xuño de 1904 coa fundación da primeira sociedade obreira: La nueva idea de Oficios varios de Lalín. A agrupación solicita a inclusión na UGT en outubro, ingresando oficialmente o 9 de novembro de 1908. Das condicións de traballo nesta época e […]

O 27 de agosto de 1936, ás 5,30 da mañá, un pelotón de fusilamento acababa en Pontevedra coa vida de Manuel Ferreiro Panadeiro, o que fora alcalde de Lalín nos primeiros catro anos do réxime republicano. Foi o primeiro dezao procesado e sentenciado a morte polos militares que se rebelan contra a II República o […]


Categorías

3K2 theme by Hakan Aydin