Your favorite left sidebar content goes here


Archive for the 'sociedades agrarias' Category

O espírito combativo da Sociedade de Agricultores de Gresande esmoreceu coa ditatura de Primo de Rivera, pois a súa actividade, xa baixo o control de Cándido Soto e con Ramón Fernández Villar, Manuel Vigide e José Peña Surribas nos principais cargos directivos, limitábase a seguir as directrices da Federación de Sociedades Agrarias do Partido de […]

Na parroquia silledense de Cortegada, coñecida na altura pola concorrida feira de Camporrapado, naceu Jesús Filloy o 22 de marzo de 1874. Era fillo de Soledad Filloy. Trece anos despois viría ao mundo o seu paisano Antón Alonso Ríos, con quen Jesús estableceu unha fonda relación de amizade. Pouco sabemos dos seus primeiros anos, só […]

Participou na campaña anticaciquil de Silleda e foi o presidente da Irmandade Galeguista de Noia na República No desenvolvemento das loitas agrarias de principios dos anos vinte en Silleda, que constituíron un dos máis potentes fitos da mobilización social na Comarca do Deza, encontramos a algúns membros das elites dominantes que se puxeron do lado […]

Unha novela descoñecida do xornalista estradense José María Sánchez Brea. Cando hai uns anos pescudaba información sobre o xornalista e agrarista dezao Jesús Iglesias Surribas, dei co arquivo de Manuel Vigide Fondevila, quen fora dirixente da Sociedade Agraria de Gresande nos anos vinte. Entre as cartas, folletos e un curioso e extenso diario dos seus […]

Trala paréntese da guerra europea comeza o período de apoxeo organizativo do agrarismo en Galicia. Ás sociedades agrarias existentes na Comarca do Deza desde os anos dez: Lalín, Silleda, A Bandeira, Prado, Bendoiro, Pereiro-Laro, Vilanova-Doade, Botos, encabezadas pola máis potente de todas, a Sociedade de Gresande, únense agora novas agrupacións. En 1920 fúndase o Sindicato […]

O 27 de outubro de 1906 organizábase na parroquia de Gresande (Concello de Lalín) a que ía ser a máis importante Sociedade Agraria da Terra de Deza e a que estivo máis tempo en activo, xa que chegou aos últimos anos da República. Foi o seu promotor Ramón González Vigide, nacido en Quintá (parroquia de […]

A primeira sociedade agraria da Comarca é a Sociedad de Agricultores de Lalín que se constitúe o 3 de outubro de 1903. Vinculado a esta Sociedade aparece dous anos despois o semanario La Defensa : Periódico de intereses generales, que leva o subtítulo de Órgano del Centro de labradores de esta Villa. Constaba de 4 […]


Categorías

3K2 theme by Hakan Aydin