Your favorite left sidebar content goes here


Archive for the 'Xesús Froiz' Category

Este é o listado (seguramente incompleto) dos mortos pola represión franquista do concello de Lalín, ordenados pola data do seu falecemento: Manuel Ferreiro Panadeiro. Nado en Lodeiro en 1903. En 1930 funda o Centro Republicano de Lalín e dirixe o seu periódico Atrás. Foi elixido alcalde de Lalín como cabeza da candidatura republicana que gaña […]

Con motivo dos cincuenta anos do seu pasamento, son varios os libros, artigos e recensións que nos últimos días se están publicando sobre a personalidade e a obra de Ramón María Aller, o astrónomo de fama internacional. Entre as homenaxes, produce especial ledicia ver por fin editado o seu libro A astronomía a ollo ceibe […]

En Buenos Aires, colgada nun dos locais da Federación de Sociedades Galegas, hai unha placa de bronce cunha alegoría da República que a Sociedade de emigrantes Unión del Partido de Lalín instalou en 1954 en homenaxe aos que caeron “en defensa de la libertad de la República española y los derechos humanos”. Figura nela un […]

O 9 de outubro de 1936 foron asasinados preto da Ponte do Regueiro, a saída da Estrada cara Pontevedra, seis destacados republicanos. Tres eran da Comarca de Deza: Xesús Froiz, de Lalín, o silledense Ramón Muíños e Severino García Teijeiro, de Rodeiro. Dos outros tres paseados, un tamén procedía da Prisión de Lalín, o mestre […]

Cando Jesús Iglesias, o director de Razón, busca un nome para o xornal, repara na máxima que dende antigo identificaba aos lalinenses: ¡Viva Lalín! Con razón ou sen ela. Pero o refrán non é axeitado para un agrarista, demócrata e republicano: Elimina a segunda parte da disxunción e ao signo localista engádelle Galicia enteira. Nesta […]

Os monos de Laxeiro

Hai uns meses, buscando datos para ampliar a investigación sobre a República no Deza, ao revisar os exemplares do xornal El Pueblo Gallego do ano 1929, topeime cun debuxo asinado por Laxeiro que ilustraba a primeira páxina do periódico do 3 de xullo. Estrañoume, xa que descoñecía que Laxeiro tivera colaborado na prensa nesa época. […]

que hasta os paxaros cantando i-os rios gurguleando con gran fincazón, paresce que van pregando cos dentes richando: ¡Rebelión! ¡Rebelión! Cúmprense 100 anos do nacemento do autor destes versos, Xesús Froiz, escritor, xornalista e militante do Partido Galeguista asasinado en 1936. Xesús Froiz Gómez nace en Lalín o 25 de agosto de 1903, fillo do […]


Categorías

3K2 theme by Hakan Aydin